Rodrigo ten un futuro prometedor. Fillo dun noble castelán, edúcase na corte na compañía do seu mellor amigo Sancho, o fillo mais novo do monarca.
Tras a morte do Rei Fernando, Rodrigo vese envolto nun mundo de conspiracións que acabarán coa vida de Sancho e a coroación do infante Alfonso. Desterrado de Castela e deshonrado, Rodrigo emprende cos seus fieis unha aventura.
Este filme, estreouse o 19 de decembro de 2003, contou coa participación de 30 profesionais da factoría Bren Entertainment.
Mellor película de animación nos XVIII premios da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas de España ("Premios Goya", 2004)
No hay comentarios:
Publicar un comentario