jueves, 26 de febrero de 2009

HEROÍNA


Esta pelicula narra unha historia que acontece nos anos 80. Pilar, unha muller, casada e con tres fillos, pasa de ter unha vida normal a ter que se enfrontar co maior problema da súa vida: un dos seus fillos é adicto á heroína.

Despois de ver a seu fillo converterse en delincuente e destruirse a sua vida familiar, Pilar decide facer algo máis que lamentarse e emprende xunto con outros pais unha denuncia contra os traficantes e consumidores desta sustancia.

HEROÍNA é a historia da loita de pais e nais contra o poder político, contra o poder económico e contra gran parte da sociedade, para mostrar que os toxicómanos son víctimas.
Pilar logra finalmente cambiar a mentalidade do seu tempo con respecto os drogadictos.

No hay comentarios: