viernes, 13 de febrero de 2009

Ferrol leva a rúa a celebración de San Valentín

Baixo o lema "O Amor sen Violencia", o Concello de Ferrol planificou no día de San Valentín unha actividade de expresión de plástica libre con vocación de converterse en multitudinaria. Será mañá sábado, na praza de Armas, a partir das once da mañá. Así o anunciou a concelleira de Muller, Beatriz Sestayo, para explicar a continuación as motivacións desta acción que dirixirá a pintora Dulce Anca e a través da cal invítase a todas as mulleres de Ferrol a participar en distintas accións creativas, facilitándolles os medios necesarios. Segundo indicou, a institución local quere chamar a atención nesta data tan sinalada sobre a necesidade de establecer distincións claras entre as relacións de amor e respecto e aquelas outras que conlevan equívocas situacións de desigualdade e posesión que, en casos extremos, teñen como resultado capítulos de violencia física ou psicolóxica.

No hay comentarios: