HISTORIA DO NOSO CINE :
O cine chegou a Galicia o 2 de setembro de 1896, o primeiro aparello en aparecer foi un kinetógrafo, invento de Thomas Edison, que se instalou no Teatro-Circo Coruñés e que seguramente exhibiu cintas do britanico Robert William Paul como o O Derby.
O invento dos irmans Lumiere, o cinematógrafo, chegou a Galicia o ano seguinte, procedente de Portugal instalouse na cidade de Pontevedra e realizou a súa primeira representación o 17 de abril entre os títulos exhibidos figuraron O regador regado, Chegada dun tren, Batalla de neve e Bombeiros en Londres. A proxección estaba animada por unha orquestra local, un guitarrista e un bandurrista.
José Sellier, fotógrafo coruñés de orixe francesa, vai ser o primeiro operador en filmar en Galicia, o Entierro del General Sánchez Bregua rodada o 20 de xuño de 1897 está considerada a primeira cinta galega.
Durante os seguintes anos o cine exhibiuse en Galicia, como no resto de Europa, no marco de feiras e festas locais levados por operadores ambulantes e tan só existían na Coruña e Vigo locais máis ou menos estables de exhibición.
Entre 1906 e 1908 van desaparecendo as barracas ambulantes das cidades e vilas galegas mentres se constrúen pabillóns para a exhibicións de proxeccións. Comézanse a exhibir os primeiros filmes longos que precisaban dun comentarista. A maioría dos filmes procedían de Francia e desde o estreo de Quo Vadis?, puxéronse de moda as películas colosais italianas, co comezo da guerra europea os filmes americanos gañan posicións. Despois o teatro tamen se incorporou a estas representacions nos pavillons que se construiran.
O cine sonoro chegou a Galicia o 14 de marzo de 1930, ese día estreouse en Vigo the singing fool, as salas de cine tardaron moito tempo en adaptarse os novos equipamentos sonoros. Coa chegada do sonoro chegou tamén o cine norteamericano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario