martes, 3 de marzo de 2009

LUAR


O famoso programa da Televisión de Galicia que presenta o noso “querido” Xosé Ramón Gayoso e Nieves Rodríguez. Este antiquísimo programa, que despois de tantos anos en antena segue a ser líder de audiencia, naceu nun principio coa función de darlle un lugar de seu á música galega, ademais de ter cada semana a presenza de cantantes famosos de toda España. Os venres na TVG danse cita os grupos e solistas máis destacados do panorama musical actual.Asemade é un programa no que os cómicos teñen tamén o seu lugar. Luar, que se realiza en directo, conta tamén cun concurso que se leva acabo ó largo de todo o programa para premiar a fidelidade do espectador.Manuel Abad, veterano realizador da TVG, e Xosé Ramón Gayoso dirixen o programa, que comezou a emitirse en setembro de 1992 e que cada semana leva ós galegos de Galicia e de fóra a pasar unha velada musical e divertida coa familia de Luar.Este programa non é tan bo aceptado entre os máis xoves, que o consideran aburrido e monótono, a excepción dos personaxes cómicos que denominan simpáticos e divertidos, como As Garotas; os personaxes clásicos do Carteiro e a Señora de Palmírez ainda que os máis coñecidos son, sen dubida algunha, "Carmen, Gelines e D.José" e "Mucha e Nucha";.O programa permite a participación do público en directo mediante preguntas dos que alí estean ou de correos electrónicos, incluso mediante chamadas que o mesmísimo Gayoso fai a determinadas horas, o que ocasiona descontentos varios. E que, ¿A quen lle faría gracia que o espertasen en metade dun bo sono para que lle fagan unha pregunta diante de media Galicia?
Na miña opinión este programa aínda ten para rato, xa que, por moito que digan, este país Sí que é para vellos, e a estes, Luar, encántalles.

1 comentario:

Unknown dijo...

Nice Stuff!

Commendable Blog indeed!

Dear Blogger, need your valuable feedback for:

www.octandigital.com

Regards,
Mehta