lunes, 2 de marzo de 2009

CINE GALEGO EN BERLIN

A Consellería de Cultura, a espera dunha mostra do Centro Galego de Arte Contemporánea sobre Santiago de Compostela en Berlín, proxectará unha selección de cine galego actual na capital alemá. As obras seleccionadas son longametraxes de ficción Miña Sarah e De Profundis, e os documentais sobre memoria histórica Memorial de Camposancos e sobre o cambio climático 2050: How soon is now? Xunto a estas producións proxectarase que mostren a calidade do que se realiza en Galicia.
outras das actividades de promoción da cultura galega en Berlín, sera que o escritor Manuel Rivas ofrecerá unha conferencia centrada nos movementos sociais a favor do medio ambiente, en especial da plataforma Nunca Máis. Ademais, Berlín recibira a visita da exposición Destino: Santiago, unha mostra do Centro Galego de Arte Contemporánea.

No hay comentarios: