viernes, 13 de marzo de 2009

CV Aldebarán

Este fin de semana os equipos de San Sadurniño non disputaron ningún partido e por este motivo entre este fin de semana, e a proxima semana festivos incluidos terán que xogar máis de un partido en categorias femeninas.
Soamente houbo partidos en senior masculino que perderon por 3 1 e tamén de xuvenil masculino que perderon contra Rianxo tamén.
Hoxe venres día 13 o equipo senior viaxará A Rioxa para disputar o partido de primeira división, este é o penultimo partido donde darán todo para gañalo.
O venres que ven os cadete masculino teñen o partido máis importante da liga xa que xogan o primeiro posto da clasificación e quizais o pase o campionato de España contra o CV Dumbría.
Por outra parte o equipo senior femenino con xa ningunha ocasión de ir á súa fase de ascenso xogarán os partidos que lle quedan para intentar gañalos e así quedar contentas do seu pase nesta liga.

para ver máis informacion entrar en: www.fgvb.com

No hay comentarios: