miércoles, 3 de noviembre de 2010

Victoria dos xuveniles do Neda en Ortigueira


O pasado sábado 30 de Outubro disputouse no campo de San Claudio o encontro entre o Rápido de Neda e o Ortigueira correspondente a 9 xornada da liga local de ferrol 2010-2011. O favorito do encontro era o equipo local que dominou toda a primera metade e foise ao descanso coa ventaxe de 1-0 grazas a un gol nunha xogada a balón parado.
Na reanudación, os visitantes sairon mais metidos no partido e aos 10 minutos lograron o tanto da igualada cun pase por alto que rematou o dianteiro do equipo nedense. A partir de ahí, os locais apenas crearon algunha ocasión ante as acometidas constantes dos visitantes que lograron sentenciar con 3 goles antes do remate do partido. O resultado final foi de 1-4 para os nedenses.

No hay comentarios: