jueves, 3 de noviembre de 2011

Foro en galego, por qué non?


Quecarallo.net é un proxecto dun foro, non moi innovador, sen embargo caracterízase por empregar o galego coma lingua oficial. Ademais é bastante coñecido e visitado polos internautas da comunidade autónoma.

Fálase del coma un lugar onde calquer galego pode mirar e opinar o que queira sen medo a que a maioría dos usuarios o expulsen ou marxinen por falar a lingua que fale, e onde a variedade de temas é bastante ampla. Podes atopar dende un apartado exclusivo para as festas, ata un para os estudantes.

O comezo sempre é duro, e ao principio o foro estaba literalmente deserto, pero agora parece que a xente empeza a participar. Uns escriben artículos e os demais os comentan.

Aquí vos deixo un vídeo dunha internauta que amosa por riba como é o foro e que podes atopar nel.

Así que vos invito a que o visitedes, xa que non é necesario rexistrarse para botar unha ollada. E se vos animades, rexistrádevos e contribuir, pois sería unha pena que un proxecto coma este desaparecese.



No hay comentarios: